CONVOCATORIA ABERTA DE MAIL ART
TEMA: CULTURA TRADICIONAL
O legado de Antonio Fraguas
O legado de Antonio Fraguas
O noso centro leva o nome de Antonio Fraguas, figura senlleira da cultura
galega e a quen se lle dedican as LETRAS GALEGAS 2019. Por iso decidimos abrir
unha fiestra ao mundo con esta convocatoria de mail art (a primeira que
facemos) co obxecto de facilitar a comunicación artística e cultural, sen
perder de vista o marco educativo no que se vai desenvolver, dentro das
actividades múltiplas da Semana Cultural.
O tema proposto para esta convocatoria de arte postal, a cultura
tradicional, permitirá a todos os participantes poñer en valor os elementos
constitutivos da súa cultura e as súas tradicións, fortalecendo en moitas
ocasións a descuberta das súas raíces, a importancia da memoria e o respecto
aos máis vellos como depositarios da sabedoría popular.
As persoas máis vencelladas a Galicia, e todas aquelas que así o desexaren,
poderán incorporar á súa obra artística aqueles aspectos do legado de Antonio
Fraguas que consideren do seu interese: antropoloxía, etnografía, patrimonio
cultural, etc. Nas seguintes ligazóns podedes ampliar a información.
http://museodopobo.gal/web/uploads/files/Antonio%20Fraguas.pdf
Realizarase unha exposición no centro cos traballos recibidos. Ao mesmo tempo, expoñeranse de maneira virtual no noso blog, no que aparecerá tamén unha relación dos participantes.
Por favor, participade e difundide a proposta.
Realizarase unha exposición no centro cos traballos recibidos. Ao mesmo tempo, expoñeranse de maneira virtual no noso blog, no que aparecerá tamén unha relación dos participantes.
Por favor, participade e difundide a proposta.
NORMAS PARA PARTICIPAR
Técnica: Libre.
Unha obra por autor.
Tamaño MÁXIMO: A4.
Data límite: Até o 21 de marzo de 2019.
Sen xurado.
Sen premios.
Sen devolucións.
Por detrás das obras deberanse indicar os datos dos artistas.
Envíos por correo postal a
Técnica: Libre.
Unha obra por autor.
Tamaño MÁXIMO: A4.
Data límite: Até o 21 de marzo de 2019.
Sen xurado.
Sen premios.
Sen devolucións.
Por detrás das obras deberanse indicar os datos dos artistas.
Envíos por correo postal a
Lola Sanz
IES Antonio Fraguas
R. Londres, 10
15707 Santiago de Compostela
A Coruña. España.
IES Antonio Fraguas
R. Londres, 10
15707 Santiago de Compostela
A Coruña. España.
Coordinan: Lola Sanz, Manuel Rey, Santiago Sanjurjo, Darío Doval, Carlos
Aragunde e Patricia Alonso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario