lunes, 23 de enero de 2012

Mail Art " A Memoria Ferida, Memoria do esquecemento"

Bases da convocatoria

Biblioteca da Facultade de CC da Educación da Universidade da Coruña, en colaboración coa Biblioteca Central do Campus de Pontevedra.

Tema: “A memoria ferida” : memoria e esquecemento

Destinatarios: Poden participar todos/as artistas que o desexen de calquera lugar do mundo.

Características técnicas:

  • Dimensión: Tarxeta postal 20x10 cm
  • Papel ou calquera outro soporte que se adapte ás medidas    
  • Envío por correo postal, sen sobre 
  • Técnica: libre
  • Máximo dúas obras por artista

Data límite: 30 de abril de 2012

2 exposicións no 2012: maio-setembro na Facultade de CC da Educación e setembro-novembro na Biblioteca Central do Campus de Pontevedra.
Ademáis exposición virtual.

Resposta a todos/as os que participen.

As obras non serán devoltas, despois das exposicións pasarán a formar parte da colección da Biblioteca de Cc da Educación.

Información e entrega das obras:

Biblioteca
Facultade de Cc da Educación
Universidade da Coruña
Campus Elviña s/n
15071 A Coruña
Galicia
España

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario