Casa de Cultura Salvador de Madariaga ofrece a exposición 'Sen Ataduras'
Esta exposición amosa obras de 16 artistas coruñesas, representando as diferentes sensibilidades artísticas, idades, tendencias e estilos, baixo o comisariado de Josefina Cerviño, amosando a gran potencialidade das creadoras plásticas da nosa bisbarra
CONCELLO DA CORUÑA 04/03/2011 - 01:52 h.
Novamente, a Casa da Cultura Salvador de Madariaga acolle unha exposición colectiva de mulleres artistas en coincidencia e comuñón coa conmemoración do 8 de marzo, Día internacional das mulleres.
Se xa o pasado ano durante a exposición Mulleres x Mulleres asistíamos a un exercicio de recuperación e visibilización de protagonismos femininos máis ou menos (re)coñecidos e/ou anónimos, protagonismos retratados e reivindicados, á súa vez, por unhas outras mulleres artistas de hoxe, nesta nova oportunidade a obra colectiva que leva por título Sen ataduras deberá servirnos para comprobar cómo unhas artistas nos representan aquilo que as oprime e aquilo que as libera desas ataduras que, sen embargo, lles son propias. Propias en cada unha delas. Propias en cada unha ou un de nós.
A instalación das pezas conta cun interesante deseño de José Luis Rey.
Lugar: Casa de Cultura Salvador de Madariaga. A Coruña
Datas Exposición: Até o 3 de abril de 2011.
Horario: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h., todos os días.
Organiza: Concello da Coruña
Expoñen:
BERTA ARES
JULIA ARES
SABELA BAÑA
MARIA XOSE DIAZ
DORDA
YOLANDA FERRER
DOLORES GALVEZ
MARIA GILINO
SOLEDAD PENALTA
ANXELES PENAS
ISABEL PINTADO
SOLEDAD PITE
MONTSE REGO
EMILIA SALGUEIRO
MARIA JOSE SANTISO
CARMEN SENANDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario