domingo, 27 de marzo de 2011

A MÚSICA NA ARTE

                                                   


Na musica hai  distintos tipos  de  ritmo, é o emprego  habilidoso  destos ritmos é o que establece o intercambio harmonioso  co público, e neste camiño a comunicación.O ritmo é a súa expresión é a clave fundamental para todalas formas da arte.
A finalidade é expresar polos distintos medios unha idea. Podemos visualizar na nosa mente obras acompañadas dunha música determiñada. Na pintura as cores poden producir diferentes estados de animo, como por exemplo o suave e delicado que pode ser a cor azul.
Os grandes mestres xogan cas cores, ca luz, e cas texturas.
A música escribese mediante notas, símbolos , numeros, liñas e epacios.
A música e a Arte son formas de comunicación . Ca musica e a cor( os ritmos) transmitimos impresions.
Xa  kandisky, kasimir Malevich, Paul Klee, Hans Arp o Sophie Taeuber  ilustraban a idea da estreita relación entre a arte a música.
Nesta sociedade na que a rapidez e a cantidade de información é desmedida e abraiante,sempre é gratificante comprobar que existan opcions como a de esta mostra que invita á observación e a reflexión
As obras reunidas  para Portas Artrabas, Oleos, Acuarelas. Instalación, escultura, dos artistas  de diversos puntos  amosan a confluencia entre a musica e a arte.A transcripción visual do ritmo  representase a  través das obras de Alfonso Ramon, Alfredo Constela, Antonio Mena, Berta Ares, Deli Sanchez,  Estrela Rúa, Jose Luis Busto, Luis Iglesias Diz, Magaly, Manuel Parra,Maria Braxe, Maribel dos Anjos, Nando Pereiro, Nietto, Nolo Suarez, Oscar Carballo Corcino, Sara Garrote (Chuca),Sonia Esturao.

                                                                           Sabela Baña

No hay comentarios:

Publicar un comentario